
Poderase participar no concurso ata o 26 de outubro, e contará tamén cun concurso paralelo no que se buscará o uso máis orixinal que se fai dun portátil, recibindo o seu gañador un bolso Intel Laptop SunShade (que permite levar o portátil a calquera lugar e evita as molestias provocadas por excesos de luminosidade e reflexos.
A web do concurso está a rexistrar milleiros de visitas de internautas curiosos que queren botar unha ollada a vellos equipos informáticos, xa que permite botar unha ollada á aparencia de equipos que chegan a superar as dúas décadas de vida e en moitos casos aínda están operativos.
Podemos ver portátiles Osborne, Zenith, Amstrad, Bondwell, IBM, Compaq ou Sanyo, que ben merecerían estar nun museo vendo o seu bo estado de conservación e as súas peculiaridades.
Intel busca o ordenador portátil máis antigo de España mediante un concurso
Compartir Este Artigo

