A cadea McDonald’s comeza a ofrecer acceso á Rede mediante Wi-Fi ós seus clientes, así coma descargas de demostracións de xogos para Nintendo DS grazas a un acordo pechado con Telefónica e Nintendo que ata o momento chega a 84 restaurantes españois e que se espallará progresivamente ata conseguir que os 375 establecementos de McDonald’s se convertan en puntos Wi-Fi, como xa pasou en EE.UU. hai un par de anos.
Os clientes recibirán con cada consumición unha tarxeta de Telefónica que lles permitirá conectarse de balde durante 30 minutos cos seu PDA ou portátil, mentres que os usuarios de consolas Nintendo DS o poderán facer sen utilizar tarxetas de Telefónica e sen límite de tempo, o que lles permite xogar en liña con máis de 40 millóns de usuarios de todo o mundo a preto de 40 títulos (Mario Kart DS, Pokémon Diamante, Animal Crossing Wild World…).

McDonald’s achega Internet por Wi-Fi ós seus establecementos españois
Compartir Este Artigo

