
O doutor David Lewis dirixe un equipo de psicólogos que analizarán a un grupo de persoas para coñecer mellor os elementos que fan que a uns individuos lles dea medo a tecnoloxía mentres que a outros entrar na Rede os relaxa (especialmente cando xa son usuarios experimentados).
Para o proxecto, BT elixiu a 4 suxeitos reticentes á tecnoloxía e os dotou cunha conexión de banda larga, un portátil, unha webcam e unha cámara dixital, e durante 2 meses lles ensinarán o que poden facer na Rede, animándoos a ilustrar a súa Viaxe á Inclusión, que se poderá seguir dende a web do proxecto.
Un voceiro de BT, Gavin Patterson, falando desta iniciativa engadiu que «a distancia entre un usuario da Internet competente e alguén que nunca se conectou nunca foi tan grande», polo que detectar os atrancos que se atopan para a inclusión dixital resulta crucial para superalos no futuro e evitar que medre a fenda entre internautas e tecnófobos.
BT emprende unha Viaxe á Inclusión para detectar as barreiras psicolóxicas que atopan os non iniciados para conectarse á Internet
Compartir Este Artigo

