
O famoso XO-1 do proxecto OLPC custaría agora sobre 188 dólares, ou sexa, que xa é máis caro que o prezo de 176 dólares que se prometera no verán, e, ademais, anunciaron que en Uruguay o prezo podería ser de 205 dólares.
Os responsables da iniciativa están a traballar por non superar a barreira dos 200 dólares, pero parecen ter moitos problemas para conseguir tal, o que resulta moi polémico tendo en conta que nos vindeiros días Asus estreará un subnotebook comercial (ou sexa, non destinado a economías deprimidas) que tería prezos de entre 199 e 399 dólares (dependendo da configuración).
A produción destes portátiles para os cativos podería comezar en outubro, aínda que parece que están a ter moitos problemas no seu desenvolvemento. Estes equipos contarían con procesadores AMD e sistema operativo Linux, pero Microsoft xa está a traballar na posibilidade de preparar unha versión de Windows para o proxecto, mentres que Intel se sumou para que poida existir un futuro modelo do OLPC cos seus microprocesadores.
Os portátiles de 100 dólares poderían custar o dobre do prometido
Compartir Este Artigo

