
O arresto dos rapaces fíxose baixo unha serie de cargos moi graves entre os que está o de ameazas terroristas, e aínda que este tipo de incidentes podería ter pasado desapercibido no pasado, incidentes coma o de Columbine ou o de Virginia Tech fai que as autoridades estean máis vixiantes ante posibles ameazas.
Reportaxe do The Kansas City Channel sobre o incidente |
Hai que destacar que o rap que cantaban os rapaces, e que xa foi retirado de YouTube, dista moito de cancións reivindicativas contra a Policía que teñen lanzado moitos cantantes (de feito, hai moitas cancións comerciais con tal temática) pero neste caso se citaban dende os nomes dos axentes locais ata o xeito no que tiñan pensado asasinalos, de aí que tiveran que tomar medidas contra os mozos.
A última información que temos é que un saíu xa da cadea tras depositar unha fianza de 100.000 dólares, mentres que o outro permanecía detido en espera a que se lle asigne un defensor público.
Este tipo de incidentes deberían servir de exemplo de que YouTube é un lugar público, e como tal ten que rexerse polas normas de convivencia habituais, de xeito que quen queira manifestarse violentamente no mesmo terá que facer fronte ás consecuencias dos seus actos.

