En cuestión de compra de CDs virxes, aínda non as temos todas connosco: sabemos que o que facemos é perfectamente legal, pero algúns non podemos evitar a sensación de sermos observados nas tendas con detemento, dende o vendedor (que se cadra ten medo de que marchemos sen pagar correndo coa caixa de discos debaixo do brazo) ata o resto dos clientes, que (imaxinamos) aproveitan a oportunidade para censurarnos.
Esta escena enleada vén a conto para poñernos en situación sobre o que vén de afirmar a xefa do departamento antipiratería de Sony BMG, Jennifer Pariser, nun xuízo que se está a celebrar en Minnesota sobre estes asuntos do dixital e da copia :“Se creas copias de CDs de música que comprastes previamente, estás a roubar”.
Segundo Pariser, a xente que ripea os seus propios CDs comprados legalmente para crear copias de seguridade ou para pasar esa música ós seus reprodutores multimedia “estanlle a roubar a Sony e a outras distribuidoras, o que lle provoca danos industria”.
A situación aínda non é preocupante nin, dende logo, tan extremista, pero é certo que se están a complicar as cousas para os coleccionistas de música, que non atopan nos CDs un formato seguro de abondo como para non ter que facer segundas ou terceiras copias.
Sony cualifica de “roubo” a copia persoal dun CD adquirido legalmente
Compartir Este Artigo

