
Durante o evento, Ballmer concedeu unha entrevista a CNET News, deixando claro o seu parecer sobre temas de interese, destacando o feito de que non cre que o PC e o móbil se poidan fusionar nun único dispositivo (aínda que se aproximarán moito). Tamén lembrou que Microsoft tiña unha posición de privilexio no mercado, pois se dedica tanto ó sector doméstico como ó corporativo (contrastando con Apple e IBM, que son empresas máis polarizadas).
Neste momento Windows Mobile está a evolucionar para adaptarse ás novas tendencias do mercado, de xeito que combina o uso de ferramentas de produtividade como o de aplicacións para o lecer; a seguridade dos sistemas móbiles tamén precisará de máis coidado.
Cuestionado sobre cal é o principal competidor de Windows Mobile, Ballmer acertou ó asegurar que Symbian (que non Nokia) é o seu competidor máis importante (aínda que tampouco son alleos ó potencial de Google, Apple e RIM).
Ballmer asegura que Microsoft está a traballar para espallar o seu éxito nos ordenadores ós móbiles
Compartir Este Artigo

