ElMundo.es hai tempo que ten un sistema de locución de novas coñecido coma Rosa, pero esta funcionalidade agora está ó alcance de case calquera web grazas a Sonowebs, que publica unha aplicación que converte o texto en español a voz e, para facer doada a creación dos ficheiros de son, mesmo contan cun módulo para WordPress e un molde para Blogger de xeito que os usuarios de blogs nas mencionadas plataformas poderán permitir ós seus visitantes o acceso a unha versión sonora dos mesmos.
Quen só queira converter a voz un texto determinado só ten que introducir o contido nun formulario que creará o código necesario para incrustalo nunha páxina web, amosándose do seguinte xeito:
Sonowebs converte o texto dos blogs en audio
Compartir Este Artigo

