O iPhone actualizará o seu firmware no desembarco europeoO vindeiro venres sairá á venda no Reino Unido o iPhone de Apple ofrecéndose en exclusiva a través da operadora O2 o que nun principio podería animar a moitos early adopters a facerse co terminal telefónico de moda, pero o que deben saber antes de nada é que os novos teléfonos incluirán a versión 1.1.2 do seu firmware, de xeito que, á vez que incorporan máis linguas á súa interface e permite a utilización de caracteres xermanos e franceses no seu teclado virtual, tamén evitan as anteriores vulnerabilidades da versión anterior, polo que non sería posible liberar o terminal polo momento. A versión 1.1.1 do iPhone tiña un fallo de seguridade que permitía a liberación do terminal para a instalación de aplicacións de terceiros con só visitar unha páxina web, polo que os usuarios podían mellorar as prestacións básicas do móbil, pero é algo que non poderán facer ata que atopen novos xeitos de crackear a nova versión do firmware.