A Federación de Consumidores en Acción (FACUA) denuncia que as tarifas anunciadas por Telefónica para o 1 de xaneiro de 2008 supoñen un incremento do prezo das chamadas de fixo a móbil que chegan ata un 42,2% en lugar de repercutir nos usuarios as baixadas de custos propiciadas pola CMT nos últimos períodos.
Para ilustrar a suba de prezos FACUA elaborou unha táboa comparativa entre as tarifas actuais e as novas para chamadas de distinta duración, que en chamadas de 1 minuto amosan unha diferenza de máis do 24%, que se ve elevaba ata un 42,2% os sábados de 8:00 a 14:00 horas (pois tal franxa horaria deixa de estar considerada horario reducido) aínda que tamén se pode apreciar que a partires de certas duracións as chamadas baixan de prezo (aínda que no caso de Orange teñan que superar os 60 minutos en horario reducido para que pase tal).
FACUA denuncia que Telefónica subirá as súas tarifas de chamadas de fixo a móbil ata un 42,2%
Compartir Este Artigo

