Os departamentos de Informática das distintas empresas parece que non van a apoiar a compra de móbiles de Apple para o seu uso profesional, e para argumentar tal política Forrester Research publicou unha listaxe cos 10 principais motivos para non apoiar ó iPhone:
– Non soporta nativamente o correo push (coma os terminais BlackBerry)
– Non permite a incorporación de aplicacións de terceiros
– Non inclúe sistemas de encriptación que permite asegurar os datos almacenados
– Non se pode bloquear remotamente en caso de roubo
– O teclado virtual é lento e impreciso
– Está restrinxido a operadores de rede
– Ten un prezo elevado e non se subvenciona a empresas
– Aínda está nunha primeira xeración (agárdase que mellore a súa autonomía e que incorpore conectividade 3G)
– A súa batería non se pode substituír sen acudir ó servizo técnico de Apple (o que supón un importante atranco para a produtividade dos traballadores)
– Non se coñece ningunha empresa aparte de Apple que empregue o iPhone para usos corporativos
Curiosamente este argumentario anti-iPhone coincide coa publicación de que Apple está a traballar en mellorar o soporte da plataforma de correo Exchange no iPhone. Todo apunta a que están a traballar no soporte de ActiveSync, e xeito que tanto o correo electrónico coma os eventos de calendario e os contactos en servidores Exchange se poidan sincronizar co iPhone, o que podería cambiar o parecer de moitas empresas sobre a adopción do móbil de Apple.
Argumentan que o iPhone non é axeitado para o uso corporativo
Compartir Este Artigo

