O canon dixital (esa taxa aplicable sobre reprodutores multimedia, discos ópticos e, entre outros aparellos, reprodutores multimedia) está neste intre sendo obxecto de debate e máis que nunca situándose como un deses temas que non admite medias tintas: ou estás a favor ou en contra. Entre os que están en contra segue (como o seu propio nome ben indica) a plataforma todoscontraelcanon.es que, con motivo da aprobación (ou non) este xoves do canon dixital como parte do proxecto de lei da Sociedade da Información, vén de pór en marcha unha nova campaña en liña de busca de apoios.
O caso é que a iniciativa ten un aquel de cousa novidosa: trátase de axudar a que as verbas dos internautas ós que lles provoca urticaria a dita taxa sexan escoitadas polos deputados.
A proposta, na que tamén poden participar empresas, chámase Díselo tu mismo e vén a ser unha continuación das campañas de recollidas de sinaturas (ata 1.380.000) en contra do canon desenvolvidas pola plataforma.
O período de vixencia da iniciativa abrangue de hoxe luns ata o xoves 20 e para participar nela so teremos que encher un formulario e premer logo en enviar.
Diselo tu mismo: nova campaña para parar o canon dixital
Compartir Este Artigo

