
Este cambio de tarifas xa se denunciou en novembro, e iría en contra da baixada de custos propiciada pola CMT, polo que FACUA considera que Telefónica se está a aproveitar da liberación das súas tarifas aplicando unha enorme suba.
Así, aínda que as chamadas de fixo a móbil baixen o seu prezo por minuto, ó incrementarse o establecemento de chamada un 25%, realmente está subindo o prezo da meirande parte das chamadas de fixo a móbil.
FACUA denunciou esta suba ante o Instituto Nacional do Consumo e a Dirección Xeral de Consumo da Comunidade de Madrid, no que consideran que se trata dunha vulneración da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios.
Denuncian que Telefónica sube as tarifas de fixo a móbil ata un 42%
Compartir Este Artigo

