Sony Ericsson lanza hoxe XPERIA, unha nova liña de produtos móbiles que se estrean co terminal XPERIA X1, un teléfono móbil cun teclado QWERTY deslizante e unha pantalla de 3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles. O dispositivo inclúe aGPS, Wi-Fi, Bluetooth (A2DP), unha cámara 3,2 Mpíxeles, conectividade HSDPA e funciona co sistema operativo Windows Mobile.
O móbil fabricado por HTC sairá ó mercado na segunda metade de 2008.
Sony Ericsson presenta o seu móbil XPERIA X1
Compartir Este Artigo

