Os amantes da música poden gozar agora de son de alta calidade grazas ó fabricante Onkyo, que vende o ordenador APX-2, que é un equipo de tamaño reducido que presenta unha aparencia externa semellante á dun mini-equipo musical, integrando no seu interior un procesador Core 2 Duo T5500 a 1,66 GHz, 1 Gb de memoria RAM, un disco duro de 500 Gb e unha tarxeta de son PCI-200 que permite a reprodución musical sen perda do sinal (podendo saltarse a mesturadora de son de Windows Vista transportando o son directamente á saíde de audio de alta definición).
O equipo tamén coida o seu ruído, incluíndo un sistema que reduce o ruído do seu disco duro ata un máximo de 22 dB.
Ata o momento só se pode mercar no Xapón, pero resulta esperanzador ver cómo os equipos informáticos se poden adaptar ás necesidades de moitos usuarios, especialmente no tocante ás súas esixencias estéticas e funcionais.
Onkyo saca un pequeno PC para os amantes da música
Compartir Este Artigo

