A Universidade de Santiago vén de poñer en marcha unha nova iniciativa no camiño dun labor científico con meirande capacidade manobra. Dito doutro xeito: a prol da investigación que nos sae ó paso sen que sexa preciso remover ceo e terra, tanto para comunidade enteira de investigadores como para a cidadanía en xeral. Con este fin, a USC e o Consorcio impulsan o Premio Fonseca de divulgación científico. O certame, xurdido ó abeiro do Programa ConCiencia (aquí podemos ver o programa da edición pasada), ten como dixemos o seguinte obxectivo principal: incentivar a transmisión do coñecemento.
O premio incluirá un diploma acreditativo, unha reprodución en bronce de Alonso III de Fonseca deseñada por Ramón Conde e unha dotación de 6.000 euros. Segundo informa a USC, poderán optar ao premio aquelas persoas acredoras dunha salientable traxectoria no eido da divulgación científica dirixida ao público en xeral mediante unha utilización eficaz das posibilidades que ofrecen os medios de comunicación e mediante o deseño de métodos ou medios de divulgación.
A USC e o Consorcio de Santiago presentan un premio para favorecer a transmisión da ciencia
Compartir Este Artigo

