A finais de 2005 saíu á venda no Xapón o videoxogo Kimi Kiss, que finalmente inspirou unha serie de animación xaponesa e mesmo unha liña de portátiles de NEC.
A serie LaVie consiste nunha colección de portátiles de distintas cores que na súa carcasa presenta unha imaxe dunha das 4 protagonistas máis populares da serie de animación. Os equipos conta cun procesador AMD Mobile Sempron 3600+ a 2 GHz, 512 Mb de RAM, 80 Gb de disco duro, unidade DVD combo, pantalla de 15,4 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, 4 portos USB 2.0, FireWire, Gigabit Ethernet, lector de tarxetas de memoria e fenda ExpressCard, vendéndose a 90.783 iens, aínda que tamén anuncian un modelo con 2 Gb de RAM e 120 Gb de disco duro por 106.000 iens (668,38 euros).

Detalle dos novos portátiles de NEC
NEC lanza no Xapón unha liña de portátiles inspirada nunha serie de anime
Compartir Este Artigo

