
A incógnita en cuestión baseábase no seguinte: se hai unhas partículas con carga eléctrica que actúan unhas sobre outras, como facer para que sobre a superficie dun obxecto –unha esfera, neste caso- se inflúan o menos posible e se acade meirande estabilidade?
Este enigma, chamado “problema dos puntos de Fekete” vén de deixar de selo grazas á achega tecnolóxica do Finisterrae do Cesga a un traballo de tipo científico desenvolvido pola Universitat Politécnica de Catalunya.
Máis polo miúdo, a resolución do devandito problema, que constitúe unha das catro probas de lume coas que se puxo en marcha o Cesga (co obxecto de rodalo, probalo e poñelo a punto), consiste en achar a disposición idónea das partículas para que a interacción sexa mínima sobre un obxecto. Para solucionalo foi preciso botar man de 350.000 follas de cálculo, resultando deste proceso a cifra nada desprezable de 50 millóns de xeitos de habilitar os puntos sobre unha esfera (en contra dos 2.000, como máximo, achados en anteriores operacións).
Sinalar que a resolución do problema (pendente da carta de oficialidade da comunidade internacional científica, que estudará en breve o traballo da UPC) podería ter importantes vantaxes para a industria química, sobre todo porque achega estabilidade nas configuracións das partículas.
Científicos cataláns botan man do Finisterrae e resolven un problema que se cría sen solución
Compartir Este Artigo

