Caixanova entregou onte os premios da segunda convocatoria do certame Play! Desafío Para Jóvenes Empredendores, unha iniciativa encamiñada a fomentar máis carreiras de mozas e mozos galegos no sector privado do país, amais de botar luz sobre os segredos da xestión empresarial entre os colexios e institutos da nosa terra. Nesta nova edición do certame, que ten feitura de simulación virtual do que significa xestionar un negocio, participaron 2.319 alumnos de Bacharelato de toda Galiza e do Norte de Portugal, en 466 equipos (180 máis ca na anterior edición).
O reto de Play, máis polo miúdo, consistiu unha vez máis en situar ós rapaces e ás rapaces perante a dirección dunha empresa, tomando decisións de produción e tamén de marketing e apoiándose no uso das tecnoloxías da información e nun software que foi especificamente deseñado para este certame. A partir de aí, éntrase no miolo do desafío mesmo, que non é outro que o mercado propiamente dito, onde unhas firmas compiten con outras ou ben alíanse en pactos empresariais.
Como é de supoñer, gaña o que se faga a si mesmo líder do sector. Este ano, cada equipo tivo que desenvolverse no actualmente complicado eido do leite e os seus derivados, co fin de poñerse á cabeza do sector en contornos nacionais e internacionais. Os gañadores foron os membros do equipo Línea S.A. da Escola Secundaria Aurélia de Sousa de Porto, quen sorpredeu ó xurado de Play pola planificación do seu negocio.
A última proba tivo lugar o sábado 5 de abril no Centro Social Caixanova de Vigo.
A clasificación final, feita pública onte, ficaría deste xeito:
1ª posición: equipo LINEA da Escola Secundária/3 Aurélia de Sousa de Porto- Portugal.
Premios: un ordenador portátil para cada un dos membros do equipo, tamén para o titor, e un ordenador para o colexio. Unha bolsa de 6.000 € para cada alumno participante para empregar en programas da Escola de Negocios Caixanova, cunha validez de dez anos.
2ª posición: equipo 5MENTARIOS del IES San Tomé de Freixeiro de Vigo – Pontevedra.
Premios: unha consola Sony PlayStation 3 para cada alumno e tamén para o titor.
3ª posición: equipo LEITENOVA S.A. do IES Nº 1 do Carballiño – Ourense
Premios: unha consola Xbox para cada alumno e tamén para o titor.
4ª posición: equipo PROSIKITO del IES de Foz – Lugo
Premios: un Ipod touch para cada alumno e tamén para o titor.
5ª posición: equipo REALNOSA del IES Buján de Cambre – A Coruña
Premios: un Ipod nano para cada alumno e tamén para o titor.

