
Segundo vén de informar El Correo Gallego, Coremain puxo os seus ollos nesta moza para “imprimirlle personalidade a un austero muro de formigón” que blinda as súas instalacións no Polígono da Costa Vella.
“A raíña do grafito”, como a bautizaron no xornal galego, subíase onte ó andamio para comezar a darlle vida a unha parede de formigón de 3 metros de ancho por 6 de alto, para a que vai precisar preto de trinta botes de pintura e 16 horas de intenso traballo.
Desta volta, esta galega que xa leva ás súas costas máis de seis meses de traballo percorrendo España e Francia para decorar as tendas dunha importante cadea, vai plasmar un robot con cara humana (deseñado por ela) de cor gris e con algún ton verde aínda que “sen pasarse coa cor para que o resultado non sexa rechamante de máis”.
Silvia Rodríguez, que xa gañou o primeiro premio de grafito no certame Galicia Crea, vén de facer historia ó poñer un selo feminino nunha arte eminentemente masculina, e non cabe dúbida que aquí en Santiago, fíxoo ao grande.
Unha grafiteira galega dálle vida ao muro da sede de Coremain
Compartir Este Artigo

