A empresa galega eLaboro S.L., especializada en novas tecnoloxías e servizos orientados ao ámbito da Administración Electrónica e da Sociedade da Información, vén de anunciar que participará na V Feira Internacional de Seguridade e Emerxencias Integra+Seguridad 2008 coa súa ferramenta ePatrol.
Este evento, que comeza hoxe en Zaragoza, reúne ás empresas nacionais e internacionais máis recoñecidas no sector da seguridade e eLaboro conta alí co seu propio espazo para dar a coñecer a última versión do primeiro sistema baseado en software libre que xestiona tódolos procedementos administrativos relativos á Policía Local ao longo de todo o proceso e en total coordinación con tódalas unidades administrativas relacionadas.
Esta ferramenta creada por eLaboro S.L., ademais de incluír unha completa xestión de mobilidade en tempo real dos axentes e vehículos, permite a coordinación de diferentes unidades policiais; deste xeito, distintos concellos poden compartir información e ampliar a difusión de avisos como, por exemplo, unha orde de afastamento ou o roubo dun vehículo.
O ePatrol xa foi premiado en Movilfórum 208 como Mellor Aplicación para Mellorar a Produtividade dos Empregados. A empresa galega eLaboro S.L., especializada en novas tecnoloxías e servizos orientados ao ámbito da Administración Electrónica e da Sociedade da Información, vén de anunciar que participará na V Feira Internacional de Seguridade e Emerxencias Integra+Seguridad 2008 coa súa ferramenta ePatrol.
Este evento, que comeza hoxe en Zaragoza, reúne ás empresas nacionais e internacionais máis recoñecidas no sector da seguridade e eLaboro conta alí co seu propio espazo para dar a coñecer a última versión do primeiro sistema baseado en software libre que xestiona tódolos procedementos administrativos relativos á Policía Local ao longo de todo o proceso e en total coordinación con tódalas unidades administrativas relacionadas.
Esta ferramenta creada por eLaboro S.L., ademais de incluír unha completa xestión de mobilidade en tempo real dos axentes e vehículos, permite a coordinación de diferentes unidades policiais; deste xeito, distintos concellos poden compartir información e ampliar a difusión de avisos como, por exemplo, unha orde de afastamento ou o roubo dun vehículo.
O ePatrol xa foi premiado en Movilfórum 208 como Mellor Aplicación para Mellorar a Produtividade dos Empregados.
Tecnoloxía galega na Feira de Seguridade de Zaragoza
Compartir Este Artigo

