Os novos ordenadores ultraportátiles están a chegar a España con bastante demora, e un dos equipos máis atractivos, o MSI Wind, poderase adquirir antes do pensado, posto que dende Expansys venderán o modelo británico para toda Europa a partir do vindeiro 20 de xuño.
O MSI Wind ten unha pantalla de 10 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, procesador Intel a 1,6 GHz, 1 Gb de memoria, 80 Gb de disco duro, Wi-Fi, webcam de 1,3 Mpíxeles e batería de 3 celas, pesando só 2,05 quilogramos, polo que sería un dos ultraportátiles máis completos que vimos ata o momento, que se venderá en 3 cores (branco, negro e rosa) e en dúas versións: con conectividade Bluetooth e o sistema operativo Windows XP Home por 479,95 euros e sen Bluetooth e con Linux por 444,95 euros.
Os máis impacientes xa poden encargar un MSI Wind, aínda que non se poden descartar retrasos no lanzamento do equipo.
O MSI Wind poderase mercar a finais de xuño
Compartir Este Artigo
