
Vendo os resultados publicados temos que non se pode asegurar que un fabricante ou outro teña as menores emisións, xa que cada terminal acada un resultado distinto. Así, os 4 móbiles que emiten máis radiación serían de Motorola (o V195s, Slvr L6, Slvr L2 e W385) e o segundo con menos emisións sería o Razr V3 do mesmo fabricante (cun SRA de 0,14 w/Kg).
Entre os móbiles con menos emisións tamén podemos destacar o LG KG800 (con só 0,135 w/Kg), o Nokia 9300 (cun SAR de 0,21) , o Nokia N90 (0,22) ou o Samsung SGH-G800 (0,23).
Todos estes datos poden ser orientativos para os consumidores, aínda que non está demostrado que o uso de móbiles poida ser prexudicial para a saúde.
CNET publica unha listaxe de emisións de terminais de telefonía móbil
Compartir Este Artigo
