A Universitat Oberta de Catalunya vén de liberar tódolos materiais didácticos do seu Máster Oficial de Software Libre de xeito que poidan ser descargados por mestres, estudantes e lectores en xeral, a través do espazo OpenCourseWare da devandita entidade académica.
Estes materiais están publicados coa licenza libre GNU Free Documentation License (GFDL) que garante non só o seu acceso sen restricións, senón tamén os dereitos de copia, modificación , distribución e publicación de novas versións.
Polo tanto, este máster garante para os seus contidos, segundo informa a UOC na súa web oficial, “exactamente os mesmos dereitos que teñen os usuarios do software libre sobre as aplicacións”.
O Máster Oficial de Software Libre da UOC ten un carácter académico “cunha vertente profesionalizante e outra orientada á investigación”. Algunhas das competencias que acadan os estudantes que asisten ao mesmo son: – Administrar sistemas GNU/Linux. – Configurar e administrar servizos de rede enentornos libres aplicando os coñecementos de seguridade. – Instalar e configurar un servidor web. – Deseñar e programar aplicacións con ferramentas e recursos de software libre. – Coñecer e aplicar os aspectos legais e deexplotación do emprego de software libre. – Instalar e configurar un sistema xestor de bases de datos.
A UOC libera os materiais didácticos do seu Máster Oficial de Software Libre
Compartir Este Artigo

