Agora que estamos en crise, todo o que fagamos para dar a coñecer a nosa empresa ao público e erguer a economía é pouco. Mais os empresarios deben botar man de todo o que estea ó seu alcance para tratar de manterse a flote e agardar a que veñan de novo as “vacas gordas”. A empresa Tradky Software, na procura de novidades virtuais que axuden ás pequenas empresas a manterse activas, vén de lanzar ó mercado o innovador programa Tradky Feiras Virtuais, unha aplicación informática que permite reproducir en tres dimensións as feiras convencionais co valor engadido que achega Internet: eliminando as barreiras de espazo, tempo e idioma.
Esta aplicación é accesible dende calquera navegador web sen necesidade de descargar ningún programa específico e asemade, é indexable por tódolos buscadores en liña.
Tradky Feiras Virtuais vén de converterse, polo tanto, nunha ferramenta de gran utilidade para as empresas de marketing e publicidade así como para aquelas entidades, institucións e Administracións Públicas que queren darse a coñecer de xeito orixinal entre o seu público obxectivo, xa que a aplicación permite ampliar o espazo xeográfico e temporal das feiras presenciais, optimizando os recursos, incrementando a rendibilidade e multiplicando as oportunidades de negocio e investimento.
Segundo informou Jaime Cantero, o director xeral da empresa responsable no portal OcioJoven.com, “esta nova ferramenta ofrece a posibilidade de atraer clientes de todo o mundo e de manter as feiras operativas ao longo de todo o ano sen restricións de datas nin horarios”.
Este software permítelle aos organizadores de cadansúa feira, crear un entorno personalizado nun prazo de tempo reducido sen necesidade de investir grandes sumas de diñeiro en tecnoloxía nin no mantemento das instalacións.
Pola súa parte, os visitantes poden acceder a distintos eventos onde a presenza física lles resultaría custosa ou difícil de acadar, pois ó tratarse dun espazo en liña, as distancias non existen.
Asemade, os usuarios poden realizar as súas visitas guiadas por toda a feira no idioma que prefiran, visitar os stands do seu interese ou acudir directamente ó expositor seleccionado completando os distintos campos de procura. O sistema tamén permite establecer relacións comerciais no chat, contactar co persoal do expositor a través de distintos medios en liña ou asistir de xeito virtual a presentacións multimedia, reunións ou obradoiros de demostración.
Tradky Feiras Virtuais conta cun catálogo que reúne máis dunha ducia de modelos de pavillóns e do redor dun cento de expositores predeseñados personalizables de acordo á imaxe da empresa.
Software innovador para recrear feiras virtuais en 3D
Compartir Este Artigo

