Nos últimos días non cesan de chegar novas sobre os cambios de tarifas de operadoras de telecomunicacións que normalmente supoñen unha suba de prezos, e a última da que se fala é de Movistar, que a partir do 1 de outubro cobrarán 35 céntimos/minutos (aos que hai que sumar 17 do establecemento de chamada) aos usuarios que consulten o Programa de Puntos no número 4636, cobrando tamén 35 céntimos polas consultas de saldo de puntos ao mesmo número (servizos que ata o momento eran de balde).
Tamén modificaron os módulos familiares antigos (En Familia e Módulo Familiar) que terán que pagar 3,48 euros por cada liña dende o 18 de outubro (tanto en contrato coma en prepago), aínda que coma contraprestación terán 500 minutos de balde ao mes.
Outra condición que cambia é a compensación de consumos mínimos entre liñas, que desaparecerá o 18 de febreiro de 2009, de xeito que cada liña deberá consumir o seu mínimo mensual (sen importar que estea unida a outras liñas).
Movistar continúa a empeorar as súas condicións de contratación
Compartir Este Artigo
