HR Access é a empresa elixida por Caixanova para implantar a súa nova plataforma de xestión de recursos humanos que xestionará a máis de 3.000 traballadores (repartidos en 577 oficinas) cos que conta a caixa de aforros actualmente.
O sistema a empregar será HRa Suite, que integra nunha mesma plataforma tecnolóxica módulos de organización; avaliación e competencias; e formación e selección. Tamén incorpora funcións transversais capaces de racionalizar e modernizar as funcións de recursos humanos tradicionais.
Caixanova adquire unha nova plataforma informática para a xestión dos seus recursos humanos
Compartir Este Artigo
