
Nota de prensa de Landwell-PwC sobre a sentenzaO fallo responsabiliza ao usuario de desprotexer o programa Presto de Soft, que serve para a elaboración de presupostos para proxectos de empresas da construción, de xeito que se podía empregar sen a pertinente licenza de uso. P.Power tamén publicaba a aplicación en plataformas P2P coma o eMule, o que causou un importante dano económico ao demandante, que tamén vía coma as versións piratas da súa aplicación afectaban negativamente á súa imaxe por xerar erros de cálculo.
A aplicación Presto de Soft, S.A. conta actualmente con 46.000 licenzas instaladas en 18.000 clientes, aínda que dende a empresa admiten que padeceron un importante descenso na venda de licenzas ao circular copias ilegais do seu programa a través da Internet, polo que o seu director xeral, Fernando Valderrama, recibe positivamente a sentenza que «pon fin a unha práctica moi prexudicial para os intereses da compañía».
Cómpre lembrar que P.Power é un enxeñeiro de Camiños de Poio con iniciais R.A.G. que fóra detido hai 3 anos pola creación de cracks, delito recollido no artigo 270.3 do Código Penal.
Condenan a 6 meses de cadea a un poiense por crackear unha aplicación informática
Compartir Este Artigo
