
Para a nosa localización xeográfica tanto se pode empregar un receptor GPS integrado como as posicións das antenas Wi-Fi ou de telefonía móbil que teñamos ao noso redor, polo que cada vez resulta máis doado poder situar a unha persoa no mundo sen agardar a que se identifique, de xeito que cando entre nun xornal verá contidos correspondentes á edición local, a publicidade presentada en pantalla estará no seu idioma e dará prioridade a anuncios de produtos e servizos dispoñibles para a súa ubicación, e incluso se podería rematar coa discriminación que padecen as webs en linguas minorizadas nos resultados de busca de Google, aínda que todo iso tamén podería considerarse como unha ameaza á intimidade do usuario.
Dado que tanto o navegador Chrome coma a plataforma para móbiles Android inclúen Gears por defecto a incorporación da Gears Geolocation API poderá ser bastante ampla, e dende Google incluso están a promover a creación dunha especificación WC3 baseada neste traballo, para que no futuro sexa un estándar en todos os navegadores web, aínda que parece lóxico pensar que os móbiles serán a porta de entrada desta tecnoloxía.
Google Gears incorpora interface de xeolocalización
Compartir Este Artigo
