
Para facerse co novo terminal houbo colas nalgunhas tendas estadounidenses, aínda que o fenómeno distou moito do lanzamento do iPhone e do iPhone 3G, o que tamén podería estar provocado polo feito de que o G1 só é o primeiro móbil en empregar Android, ou sexa, que se agarda a aparición de varios terminais nesta liña nos vindeiros meses, polo que as opcións de compra serán máis variadas e os usuarios non se terán que conformar cunhas prestacións bastante discutibles que ten este móbil desenvolvido por HTC.
Tampouco hai que esquecer que na actualidade hai multitude de móbiles con grandes pantallas táctiles que superan tecnicamente ao novo terminal comercializado polo momento en exclusiva por T-Mobile, e o uso da plataforma Android aínda non é determinante, pois o público descoñece o que dará de si este sistema operativo, xa que o éxito ou fracaso do mesmo dependerá das aplicacións e xogos que se desenvolvan para o mesmo.
En España teremos que agardar a 2009 para ver este móbil, descoñecéndose polo momento que operadoras o venderán.

O T-Mobile G1 comeza a venderse en EE.UU.
Compartir Este Artigo
