Google renova a súa aplicación de Gmail para móbiles, que permite que poidamos acceder ás nosas mensaxes en móbiles coma o Nokia N95, o Sony Ericsson W910i ou o BlackBerry Curve incluso cando estamos sen acceso á Rede, e que permite o acceso a varias contas de Gmail ou de Google Apps.
Gmail for mobile 2.0 na súa versión J2ME mellora a súa velocidade (con desprazamentos menos bruscos), incorpora o mencionado acceso a múltiples contas de correo (tanto do dominio gmail.com coma de dominios personalizados a través de Google Apps), permite gardar varias mensaxes en borrador (para poder remitilas máis adiante), engade teclas rápidas para axilizar o seu uso e pode funcionar sen acceso á Internet (deixándonos acceder ás mensaxes recibidas ou redactar mensaxes para remitir en cando recuperemos a conectividade á Rede). A aplicación está dispoñible en 35 idiomas dende m.google.com/mail, aínda que as características detalladas poden variar segundo o terminal móbil no que se instale a aplicación.
Presentación da nova versión de Gmail for mobile 2.0
Nova versión da aplicación móbil de Gmail
Compartir Este Artigo
