Para mellorar a seguridade das comunicacións bancarias a través da Internet IBM está a preparar o Zone Tursted Information Channel (ZTIC), un dispositivo USB que ao conectalo a un ordenador crea unha canle segura de conexión entre o equipo e o servidor do banco, funcionando de xeito independente ao PC no que se empregue (aínda que estea infectado con malware).
O dispositivo USB protexería ao usuario de manipulación de datos e incorporaría un nivel de seguridade adicional ás solucións de autenticación actuais (baseadas en números PIN, tarxetas intelixentes ou códigos de validación temporais).
O ZTIC funcionaría como unha memoria USB (sen precisar controladores adicionais) na que se inclúe unha aplicación que activa un proxy pre-configurado coa web do noso banco e iniciaría logo un navegador web que faría uso de tal conexión protexida con claves que xestionaría directamente o ZTIC, de xeito que estaría libre de roubos de datos por parte de programas maliciosos.
Demostración do funcionamento de ZTIC
IBM propón mellorar a seguridade das transaccións bancarias cun dispositivo USB
Compartir Este Artigo
