
A xuntanza terá lugar entre os días 2 e 7 de novembro, e os representantes da Asociación PuntoGal participarán activamente nas sesións de traballo das que sairá a guía definitiva para a presentación de solicitudes de novos dominios. Agárdase que o texto esixirá que as novas solicitudes deberán vir de organizacións que demostren a súa capacidade organizativa, técnica, operativa e financeira para levar a bo porto as operacións propias da posta en marcha e mantemento dun dominio de primeiro nivel, ao que habería que sumar o pago dunha taxa para cubrir os custos do proceso de avaliación de candidaturas, que podería chegar a ser de 185.000 dólares por solicitante (cantidade que podería ir reducíndose segundo vaian avanzando os procesos de aprobación de novos dominios de primeiro nivel).
A Asociación PuntoGal estará presente no encontro internacional de ICANN no Cairo
Compartir Este Artigo
