Os discos duros de memoria de estado sólido teñen como vantaxes fronte aos discos duros unha velocidade de acceso máis rápida, un nivel de ruído imperceptible e un baixo consumo, polo que serían ideais para o seu uso en portátiles, pero as unidades que se comercializan actualmente non están a destacar por cumprir con estas características teóricas, e amosan un rendemento bastante semellante aos discos duros tradicionais, o que SanDisk pare querer corrixir coa tecnoloxía ExtremeFFS que podería chegar a acelerar ata 100 veces a escritura aleatoria en unidades SSD nos sistemas operativos actuais empregando un algoritmo baseado en paxinación (almacenando os datos nos sectores que sexan máis convenientes e eficientes), empregando unha arquitectura sen bloqueos (para que as canles NAND operen independentemente, de xeito que se poderían efectuar lecturas á vez que se escribe ou se recolle o lixo) e se inclúe tamén un sistema para recoñecer os patróns de uso do usuario, situando os datos máis utilizados en localizacións máis accesibles.
SanDisk anuncia unha tecnoloxía que podería acelerar as unidades SSD ata 100 veces
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia forma en protección de datos a persoas empregadas públicas nun Curso Superior na EGAP
- A Xunta explica o seu modelo de transformación dixital a unha delegación de expertos de Arxentina, Panamá, Uruguai e Guatemala
- Preto do 70% das empresas tecnolóxicas galegas emprega a intelixencia artificial ou incorpóraa aos seus produtos e servizos
- A Xunta e as empresas do Novo Pacto Dixital comezan o traballo para a especialización de Galicia en Tecnoloxía
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter