O Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Mondoñedo desestimou a demanda contra os administradores da web mindoniense.com despois de que un ex-alcalde da vila os quixese responsabilizar de opinións críticas contra a súa persoa vertidas nos foros da devandita páxina web.
O máis curioso da causa é que os acusados non foron responsabilizados polas opinións reflectidas na súa web porque se lles aplicou a Lei e Servizos da Sociedade da Información (LSSI-CE) de xeito que se lles considerou prestadores de servizo, o que non coincide con outras causas anteriores, pero que parece bastante razoable cando falamos de foros da Internet.
O demandante deberá pagar as costas do xuízo, aínda que a sentenza non é firme, polo que poderá recorrela.
Desestiman a demanda contra os responsables de mindoniense.com
Compartir Este Artigo
