Javier Wicho Pedreira deu conta hoxe dende Microsiervos dunha incidencia na provisión de servizo Vodafone ADSL que impediría a alta a todos os usuarios da provincia de A Coruña ou de calquera outra poboación en incorporase un eñe no seu nome (ou incluso con outros carácteres especiais) polo que nas tendas da operadora se limitan a tomar nota fisicamente das solicitudes de alta para poder tramitalas cando se arranxe o sistema informático da compañía, o que parece non ter unha data definida (polo que estas listaxes de espera resultan especialmente frustrantes).
Segundo parece hai ducias de galegos agardando para recibir un servizo que se está a anunciar insistentemente nos medios de comunicación, mentres nos establecementos comerciais non son quen de clarexar a situación aos interesados, que chegan incluso a ter o seu router en casa sen a posibilidade de activalo.
Dá a impresión de que este problema informático se debe a que a aplicación que empregan para a xestión das altas do servizo Vodafone ADSL non está elaborada en España (ou noutro país con uso de carácteres internacionalizados), o que deixaría en evidencia as carencias da externalización de certas labores ao estranxeiro.
Os coruñeses non poden contratar o servizo Vodafone ADSL
Compartir Este Artigo
