
Entre 2002 e 2007 os investigadores que fixeron uso da potencia de cálculo do CESGA (que mellorou considerablemente coa posta en marcha do superordenador Finis Terrae) publicaron un total de 582 artigos de investigación en revistas con factor de impacto, que no 73,2% dos casos corresponden a publicacións de grande consideración global, segundo o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, que recolleu e normalizou os traballos de investigación publicados como resultado do uso tecnolóxico que ofrece o CESGA, reflectindo unha evolución positiva no número de artigos que ven a luz nas revista de maior impacto.
O CESGA contribuíu a publicación de 582 artigos científicos entre 2002 e 2007
Compartir Este Artigo
