Momento da sinatura do protocolo de colaboraciónCo obxectivo de asinar un protocolo de colaboración co iParque de Coimbra, a Universidade de Coimbra, o Concello de Coimbra e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento da Rexión Centro desprazouse durante a mañá do luns a Coimbra unha comitiva do Goberno Autonómico da Galicia, que puido facer unha visita ao que será o iParque de Coimbra en Antanhol, onde se salientaron as semellanzas entre «o deseño conceptual do iParque e o do que Galicia está a desenvolver» segundo matizou Salustiano Mato, director xeral de I+D, que tamén matizou que «estamos nun momento mundial moi difícil, en que é necesario redefinir o modelo económico a continuación. O futuro deberá apostar nunha economía baseada no coñecemento. E, neste sentido, os parques tecnolóxicos son espazos de encontro. En Galicia estamos a apostar na intelixencia cooperativa e queremos estendela aos nosos veciños» garantido que «este acordo será o inicio de moitas actividades en común». O protocolo de colaboración busca establecer unha rede Galicia/Centro de Portugal que teña un efecto de escala nas oportunidades e políticas de desenvolvemento propostas. Salustiano Mato visitou as obras do futuro iParque de Coimbra