
Deste xeito, segundo anuncian na súa web, ao popular navegador Firefox, vén de engadírselle agora un “versátil xestor de correo electrónico (o Thunderbird), o que incúe a contorna que os integra a todos nun único aplicativo: o Seamonkey “.
Quere dicir isto que a iniciativa pública en prol do software libre complementou a iniciativa voluntaria individual propia deste tipo de comunidades, como pasou co caso da tradución do Songbird.
Agora, segundo veñen de anunciar dende Mancomún, grazas a “este paso crítico”, a cidadanía galega poderá dispoñer de versións destes aplicativos actualizadas continuamente, “que irán sendo fornecidas de xeito progresivo para as plataformas informáticas máis populares como Linux, Max e tamén Windows”.
Asemade, a actualización desta ferramenta permítenos empregar en galego determinadas adaptacións do Firefox, como a desenvolvida específicamente para a plataforma Mac (Camino) ou a destinada ao seu uso en dispositivos móbiles (Fennec).
As novas traducións incorporadas, que se achegan con máis detalle na web de Mancomún, aínda son completamente funcionais pese a estar feitas en versión beta.
Este é, segundo afirman, “o procedemento habitual da Fundación Mozilla”, que somete calquera tradución da aplicación a un breve periodo de avaliación, a fin de poder certificar a súa calidade e bo funcionamento logo das achegas realizadas pola comunidade.
Mancomún completa a tradución da suite Mozilla ao galego
Compartir Este Artigo

