Un dos maiores retos para as entidades financieiras no entorno actual do sector bancario é, sen dúbida, o reforzamento das súas relacións cos clientes actuais e futuros así como das novas liñas de negocio que suplan a ralentización dalgúns sectores como o inmobiliario.
É por isto que, a día de hoxe, resulta esencial para as entidades dispor de solucións que resolvan, de xeito integral, a xestión e o asesoramento dos clientes cos procesos comerciais que esta actividade estratéxica xera.
No marco desta situación, Microsoft e Openfinance, compañía española líder en software para o sector financieiro, veñen de chegar a un acordo para integrar a solución de xestión de relacións con clientes de Microsoft, Dynamics CRM, coa solución Openworkplace para a xestión de activos e carteiras para o sector bancario de Openfinance.
Este acordo vaille permitir ao devandito sector acceder a unha ferramenta integrada tanto para a xestión das relacións co propio cliente como para o asesoramento financieiro do mesmo, potenciando a eficiencia operacional da empresa bancaria e a produtividade dos seus empregados, á vez que se maximiza o investimento en TI existente na actualidade.
Asemade, dentro deste modelo, no que o cliente é “realmente o centro”, o acordo acadado entre Microsoft e Openfinance, permitiralle ás entidades dotarse de solucións que poidan estandarizar os seus procesos co cliente durante todo o ciclo da relación, dende o coñecemento das súas necesidades e a presentación de propostas, ata o seguimento periódico dos resultados e o control proactivo das súas carteiras a través de alertas de xestión.
Openfinance e Microsoft alíanse para potenciar a xestión dos clientes da banca
Compartir Este Artigo

