Xusto cando se cumpren dúas décadas do nacemento da web no CERN, Madrid vén de converterse na súa capital mundial, ao acoller a celebración do 18º Congreso Internacional World Wide Web, WWW 2009, un evento que se desenvolverá no Palacio Municipal de Congresos dende hoxe ata o vindeiro venres, 24 de abril.
Ao longo de cinco intensas xornadas, máis dun milleiro de expertos procedentes de todo o mundo achegaranse á capital para debater sobre o pasado, o presente e o futuro da Rede, e sobre todo do que se coñece como a World Wide Web, creada por Berners-Lee cando era aínda un mozo e traballaba para o Centro Europeo de Investigacións Nucleares (CERN) de Xenebra.

Asemade, durante a mesma xornada, o propio Berners-Lee debatirá nunha mesa redonda con outro pioneiro ao que tamén se lle atribúe o nacemento de Internet, Vinton Cerf, responsable de desenvolver o conxunto de protocolos que permiten a transmisión de datos entre ordenadores.
Ambos os dous científicos serán investidos doctores Honoris Causa pola Universidade Politécnica de Madrid durante o congreso, debido ás súas “cruciais aportacións ao desenvolvemento de Internet”.
O diario dixital El Mundo achega esta información ao detalle e, asemade, engade en exclusiva as declaracións do catedrático do Departamento de Enxeñaría de Servizos Telemáticos da UPM, Juan Quemada, quen afirma que este congreso “é unha excelente oportunidade para fomentar unha maior incorporación de España á Web”.
O vindeiro mércores, día no que intervirán Berners-Lee e Cerf cos seus relatorios, o devandito medio emitirá en directo un foro no que participaran os dous científicos, que será publicado o xoves no dirario El Mundo.
Madrid convérsese, durante unha semana, na capital da World Wide Web
Compartir Este Artigo

