A competencia entre as operadoras de telefonía móbil para captar clientes doutras compañías leva a Vodafone a promocionar a súa tarifa Súper 90×1 (que permite falar a calquera destino estatal por 34,9 céntimos/chamada cunha duración máxima de 90 minutos cada unha e durante un total de 1.000 minutos/mes) sen compromiso de permanencia e sen cotas mensuais de ningún tipo, de xeito que os usuarios que se dean de alta antes do 14 de xuño non deberán pagar a cota mensual de 12 euros durante todo 2009 (aínda que a partir de 2010 si terían que facelo de querer manter tal plan de prezos), e tampouco deberán manter un consumo mínimo.
Esta oferta pode facerse adquirindo unha tarxeta SIM de xeito separado a un terminal subvencionado, de aí que non exista compromiso de permanencia.
Vodafone promociona a tarifa Súper 90×1 eliminando a súa cota durante 2009
Compartir Este Artigo
