Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mapfre oferta un seguro para motocicletas con dispositivo electrónico de seguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mapfre oferta un seguro para motocicletas con dispositivo electrónico de seguridade

Raquel Noya
Publicado: 12/06/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

seguro_motos.jpgA partir do vindeiro día 1 de xullo, a compañía de seguros Mapfre, vai comezar a comercializar o eBike10, un seguro para motocicletas de 125 cc e cilindrada superior vinculado á instalación dun dispositivo de seguridade que lle permitirá aos seus usuarios e usuarias, reducir os índices de siniestralidade e incrementar a súa seguridade.
Os motoristas que contraten este seguro, terán a opción de instalar na súa motocicleta un dispositivo que permite localizar o vehículo en caso de accidente ou de roubo, así como identificar intentos de sabotaxe, caídas en parado ou perda de batería, mediante un aviso por SMS.
Asemade, este sistema vaille permitir aos motoristas acceder ás rutas realizadas e coñecer as súas velocidades medias, kilómetros percorridos e tipos de vía polos que circularon en todo momento.
Esta información, que só poderá ser consultada polo cliente e por Mapfre de xeito agregado, permite que o condutor ou condutora viaxe máis seguro e teña pleno coñecemento da información que mais lle interese en cada momento do percorrido.
A Axencia Española de Normalización (AENOR) garante a privacidade da localización exacta do vehículo, así como todos os aspectos relacionados co tratamento da información, o que supón unha vantaxe a maiores e unha garantía para o usuario.
O custe deste dispositivo, incluída a instalación e o mantemento, é de 150 euros o primeiro ano, e de 120 euros nos anos sucesivos; nembargantes, en función dos seus hábitos de condución, os e as motoristas que cumplan determinados requisitos “recibirán tarxetas combustible por valor equivalente ao 25 por cento, 50 por cento ou polo custe total da renovación do dispositivo, sempre que renoven a póliza”.
As previsións da compañía de seguros é que, durante os próximos 12 meses, instalen o eBike10 nas súas motocicletas un mínimo de 10.000 asegurados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?