
Compostela xa conta cun ordenamento municipal que regula a instalación de antenas de telefonía móbil, e están traballando na súa modificación (por ter anulado varios dos seus artigos o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), pero mentres hai xa xuízos en curso no que piden a retirada de 11 antenas supostamente irregulares, e 4 instalacións actuais poderían ser retiradas tras esgotar o seu proceso administrativo e xudicial (aínda que a operación de desmonte das antenas tamén é longo e complexo).
Haberá que agardar para ver se todos estes conflitos afectan negativamente á xa de por si mala cobertura telefónica que hai en Compostela.
As antenas de telefonía móbil seguen a ser unha fonte de conflitos en Compostela
Compartir Este Artigo
