Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O que Internet pode facer por nós, ao descuberto en Moaña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O que Internet pode facer por nós, ao descuberto en Moaña

Raquel Noya
Publicado: 16/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

compra_en_lina.jpgA Rede de Dinamización, en colaboración co concello de Moaña, vén de realizar, a pasada semana, un relatorio sobre os usos e vantaxes que a Rede lle pode aportar a tódolos seus usuarios e usuarias, en concreto aos veciños e veciñas do lugar, que comprobaron de primeira man, o doado que pode chegar a ser facer a compra por Internet.
O relatorio, O que Internet pode facer por ti: A cesta da compra, tivo lugar no Centro de Dinamización da vila pontevedresa, sito na rúa Donato Bernárdez Sotelo, nº 6, e a el asistiron con entusiamo as persoas que de cote acoden ao devandito centro para formarse no uso das TIC e de Internet, para aplicalas logo á súa vida cotiá.
Os e as asistentes tiveron ocasión, entre outras cousas, de percorrer de maneira virtual as diferentes seccións de un supermercado e encher o carriño da compra con todo tipo de artigos, tales como alimentos frescos e conxelados, perfumes, deterxentes, bebida… e, en xeral, todo o que podían atopar nunha tenda calquera de Moaña, mais coa vantaxe de non ter que moverse do seu fogar, ou como sucedeu neste caso, do centro no que levaron a cabo a experiencia virtual.
As persoas que tiveron o privilexio de asistir a esta iniciativa pioneira no lugar, sabedores de que dispoñen na Rede dun cómodo e completo catálogo de produtos para comparar e mercar sen ter que moverse do sillón se así o desexan, de seguro han volver repetir a operación, mais desta volta, completando o proceso e realizando a compra comodamente dende as súas casas.
Esta iniciativa, ao igual que o resto das que leva a cabo a Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) por toda Galicia, é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axuda a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
A Rede, que conta na actualidade con 51 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, desenvolve charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas…

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?