Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Escola de Verán do CESGA, ao completo este ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Escola de Verán do CESGA, ao completo este ano

Raquel Noya
Publicado: 16/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cesga_summer_school.jpgO Centro de Supercomputación de Galicia, que dende a súa creación lle vén ofrecendo formación de balde aos seus usuarios e persoal en materia de novas tecnoloxías da información e a comunicación, vén de inagurar este luns a primeira edición da súa Escola de Verán, a CESGA Computacional Science Summer School, o que será o primeiro curso en España que ofreza unha formación completa en programación, paralelización, optimización e execución de aplicacións, depurado e análise de rendemento.
A iniciativa, que conta co financiamento do Nodo CESGA dentro do Proxecto Ingenio Matemática, i-Math, a Rede Galega de Computación de Altas Prestacións, GHPC, o Ministerio de Ciencia e Innovación e a DXIDI da Consellaría de Economía e Industria, entre outros organismos, ten como principal obxectivo proporcionar ferramentas e coñecementos de vangarda a investigadores en Ciencia Computacional, e diríxese principalmente a persoas licenciadas, enxeñeiras e investigadoras de diferentes disciplinas, interesadas nas técnicas de computación e nas novas ferramentas de cálculo científico.
Asemade, esta Escola de Verán pretende mostrar os usos actuais da computación e a simulación en supercomputadores en diversas aplicacións, tales como matemáticas, biomedicina e nanotecnoloxía, e neste senso, trata de ofrecerlle ás persoas asistentes, as ferramentas precisas para sacarlle o maior rendemento posible a supercomputadores como o Finis Terrae e aplicalo ás súas investigacións.
Os alumnos e alumnas asistentes, que na primeira semana de inscrición completaron o total das prazas dispoñibles, realizarán prácticas con casos reais propostos por eles mesmos e poñeranos en práctica no FT, do que terán polo menos dous nodos completos á súa disposición durante todo o curso.
Como novidade este ano, os responsables desta oferta formativa veñen de anunciar que “por primeira vez tres novos investigadores participarán nestes cursos a través de estancias de investigación”. Durante tres meses traballarán no CESGA asistindo aos cursos da Escola de Verán e desenvolvendo ao mesmo tempo o seu proxecto de investigación, para o que lle serán de utilidade os coñecementos e ferramentas adquiridos na etapa de formación desta escola. Os tres proxectos de investigación pertencen aos campos da Física de Altas Enerxías, Mecánica de Fluídos e Linguaxes de Programación.
Paralelamente aos cursos de formación, cuxo programa se pode consultar na web do Cesga, este organismo desenvolverá catro seminarios de presentación da necesidade da ciencia computacional en diversas áreas científicas, impartidos por investigadores especialistas de prestixio internacional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?