Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As xornadas NovoMed 09 traerán ata Santiago a compañías pioneiras na innovación audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As xornadas NovoMed 09 traerán ata Santiago a compañías pioneiras na innovación audiovisual

Raquel Noya
Publicado: 18/06/2009
0 Min de Lectura
Compartir
0 Min de Lectura

novomed09.jpgOs vindeiros días 9 e 10 de xullo, a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela vestirase coas súas mellores galas para dar acollida ao foro Novos Medios e Contidos Audiovisuais NovoMed 09, que traerá á capital galega aos expertos e responsables dos programas máis innovadores en materia audiovisual, os cales nos avanzarán cal vai ser o futuro do sector.
AGAPI, a Asociación Galega de Produtoras Independentes, organiza estas xornadas co patrocinio da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e coa colaboración da Entidade de Xestión de Dereitos dos Produtores (EGEDA) e da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Os directivos de contidos de empresas coma Bren Entertainment, Continental Games, Televisión de Galicia, Youtube, Fox Channels, Vértice 360º, Enxebre Entertainment, Antena 3, Orange, e institucións coma a Impulsa TDT, a Entidade de Xestión de Dereitos dos Produtores (EGEDA) e o Instituto de Crédito Oficial (ICO) debuxarán o camiño de evolución do sector audiovisual centrándose en cinco temas: a televisión dixital (TDT), o novo marco regulador do sector audiovisual, os contidos multiplataforma, a animación dixital e os videoxogos e a rendibilidade do negocio audiovisual.
Os asistentes, que teñen máis información sobre o evento na páxina web de AGAPI, poderán coñecer aos responsables das empresas máis innovadoras e dos novos modelos de negocio do sector audiovisual presentes neste foro.
A actividade, que conta co recoñecemento de 1 crédito de libre configuración por parte da USC, é de balde, e vai dirixida aos profesionais de produtoras, distribuidoras e axentes de vendas, así como a estudantes en xeral interesados no audiovisual galego e internacional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?