As ofertas que lanzan as operadoras para reter aos seus clientes en moitos casos sorpréndennos agradablemente, e dende GSMspain desvelan unha nova tarifa de Movistar chamada Factura 10, que por só 10 euros ao mes incluiría chamadas a calquera operador e a calquera hora sen límite de minutos nin de número de SMS ou MMS, con alta de balde, sen compromiso de permanencia e só para clientes de 1 e 2 estrelas (que gasten unha media de 9 a 40 euros mensuais).
A oferta é compatible cos contratos movistar, tiempo libre, mi gente, único e cos módulos mi favorito, mi favorito primavera e mis cinco, non podendo contratarse dende tarifas descatalogadas ou outras tarifas das non mencionadas. As chamadas a números 803, 902 e internacionais pagaríanse aparte da tarifa, e a nova tarifa só estaría vixente ata o vindeiro 31 de decembro.
Segundo parece, esta agresiva oferta só a presentan a clientes particulares que cancelan unha portabilidade a outro operador e que teñan un mínimo de permanencia de 6 meses en contrato.
Movistar ofrece unha tarifa plana de 24 horas sen límites para reter clientes
Compartir Este Artigo
