Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CiberIrmandade da Fala estrea nova web, en fase de probas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A CiberIrmandade da Fala estrea nova web, en fase de probas

Raquel Noya
Publicado: 29/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ciberirmandade.org_sitio2009.jpgA CiberIrmandade da Fala vén de estrear, en fase de probas, a súa nova web oficial, máis funcional e atractiva, na que destacan os foros, as novas e os anuncios de balde que a organización pón a disposición de tódolos usuarios e usuarias para o que desexen publicar.
As novas ligazóns e apartados cos que conta esta ferramenta son, entre outros: – “Foros integrados na web”: Rexistro e identificación únicos e compartidos entre web e foros, coa intención de facilitar a presenza activa dos usuarios e usuarias nas duas ferramentas. – “Publicación de novas”: a nova web da CiberIrmandade permite que tódolos internautas publiquen as súas propias novas e contidos. Os antigos usuarios e usuarias, tanto da web como dos foros, non teñen que volver a rexistrarse para entrar na ferramenta e dar a coñecer calquera asunto relacionado coa nosa língua, cultura, sociedade… asemade, os internautas que desexen participar coas súas opinións e artigos, non teñen máis que rexistrarse e publicar o que consideren a ben. – “Eventos”: o novo deseño desta web conta agora cun apartado especial para ubicar as convocatorias ou datas de eventos importantes para a cultura galega. Calquera usuario sabedor da existencia dalgún acto relativamente importante para a socieade galega, só ten que entrar na web e introducilo neste apartado. – “Anuncios de balde”: ainda en fase experimental, esta sección ofrece un espazo para que os usuarios da web, sexan particulares, asociacións ou empresas, poidan anunciar o que consideren, sen ningún custe adicional ou molestia, mais sí coa obrigatoriedade de facelo en galego.
A nova ferramenta virtual da CiberIrmandade da Fala tamén vén de sufrir un cambio no relativo ás novas da portada, que non serán todas as publicadas, senón as máis vistas de entre todas as enviadas.
Porén, este proxecto aínda está en fase de probas polo que os usuarios e usuarias que o desexen poden opinar sobre o novo deseño e enviar suxestións que serán tidas en conta polos responsables da aplicación para mellorala en todo o que estea da súa man.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?