Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As empresas e comercios de Celanova, a disposición dos internautas nunha soa web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As empresas e comercios de Celanova, a disposición dos internautas nunha soa web

Raquel Noya
Publicado: 01/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

compraencelanova.com.jpgO Concello de Celanova, na súa teima por facer posible que todas as empresas e establecementos da comarca conten coa súa propia páxina web e se dean a coñecer por Internet (algo impensable ata hai só uns anos), vén de presentar a plataforma Compraencelanova.com, un proxecto cofinanciado entre a Consellaría de Traballo e Benestar e o propio Concello, que reúne nunha única web aos empresarios e comerciantes do lugar que participan na iniciativa.
Cada sitio, segundo afirman os seus responsables, “é dinámico e administrable de maneira individual”, polo que nel, os propios empresarios poden publicar todo tipo de información de interese relacionada coa súa actividade, dende os datos de localización ata os servizos ofrecidos, pasando por formularios de contacto ou novas relacionadas coa empresa.
Trátase dunha iniciativa global levada a cabo dende o devandito concello ourensán que permite que cada negocio ou empresa xestione a súa páxina como se fose unha web independente, ao tempo que se beneficia das vantaxes de aparecer nunha listaxe conxunta onde o cliente pode dar con ela facilmente.
Esta iniciativa, segundo veñen de anunciar os responsables da mesma, “é pioneira a nivel municipal xa que pretende integrar todos os negocios que desenvolven a súa actividade dentro da área xeográfica de Celanova”.
Tanto se os empresarios contan xa con páxina web propia como se non dispoñen dela, o verdadeiro atractivo desta plataforma, afirman, “radica na oferta de conxunto, pois ao conseguir que practicamente toda a rede comercial de Celanova se presente baixo un único rexistro, fai que o efecto divulgador se vexa multiplicado dun xeito exponencial”.
A ferramenta contén, ademais da listaxe de empresas adheridas ao proxecto ordeadas alfabeticamente por actividade con cadansúa ligazón, unha sección de novas, información do Mercado de Celanova, vídeos relacionados coa actividade comercial e ata un calendario coas datas do mercado, que pese a que está en construcción, os responsables aseguran que “estará dispoñible en breve”.
Na actualidade, a aplicación conta con 185 negocios adheridos, os cales teñen a súa propia web particular, á que se pode acceder directamente a golpe de rato.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?